Enterticket

8 PÉS 2023 · III Festival de Órgano de Vigo

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
8 PÉS 2023 · III Festival de Órgano de Vigo

8PÉSx03

Festival de órgano de órgano de Vigo

23, 24 e 25 de novembro

Concatedral de Stª Mª de Vigo


Este ano o festival chega á súa terceira edición e para celebralo faremos soar o órgano cos mellores organistas de España. Un festival que naceu para poñer en valor o órgano Alberdi de Vigo (1909), o único en funcionamento na nosa cidade. 


Abriremos esta edición o xoves 23 con Carlos J. Fernández Bollo, natural de Mugardos e premio nacional de órgano Francisco Salinas 2023; Un gran talento que está a saír da nosa terra que realiza na actualidade os seus estudos de mestrado en Holanda. O venres 24 teremos a honra de escoitar a Roberto Fresco, organista da Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid, un artista e mestre fundamental para entender a atualidade do órgano en España. O peche do festival chegará o sábado 25 con Enrique Marín-Laguna, organista titular da Catedral de Santa Magdalena de Xetafe e que realiza na actualidade unha importante actividade concertística en Europa.


Nestes tres anos, no 8pés celebramos que en Vigo temos un órgano convidando aos mellores artistas coa intención de ilusionar e sorprender coa modernidade deste instrumento centenario.


Tras o éxito das últimas dúas edicións, no que se superaron en ambos casos os 1000 asistentes, este ano o festival non conta con axudas nin patrocinios, mais entendemos a importancia da súa supervivencia. Debido a que o 8pés ten lugar nunha igrexa non podemos cobrar entradas, por este motivo queremos invitarte a colaborar co festival cunha aportación voluntaria para que podamos seguir ofrendo os mellores concertos de órgano un ano máis. E será grazas a vós.


Benvidos e benvidas á terceira edición do 8pés.

Concatedral de Vigo
23 nov - 25 nov 2023
ProvinciaPontevedra
Recinto
Concatedral de Vigo
DirecciónPraza da Igrexa, 36202 Vigo, Pontevedra, España
Organiza
PúblicoOrquesta Clásica de Vigo

OTROS EVENTOS