8PÉS
Festival de Órgano · Orquesta Clásica de Vigo
A Orquesta Clásica de Vigo presenta neste 2022 a segunda edición do 8PÉS, un festival dedicado ao órgano, a súa música e ao seu mundo, tomando como centro o instrumento da Concatedral de Santa María de Vigo, construido por Lope Alberdi no ano 1909.
8PÉS é una aproximación ao órgano dende a curiosidade para coñecer unha música misteriosa e única. Nela conxúgase como poucas a historia, a tradición e a modernidade, concentrada nun instrumento abraiante que pasa desapercibido nas igrexas polo seu carácter secundario.
A música do órgano resoa nun dos instrumentos vivos máis antigos e caracterízase pola súa modernidade e diversidade; a densidade e a solemnidade; a versatilidade e a complexidade. Aspectos todos eles recollidos nun repertorio amplísimo en moitas ocasións agochado ou esquecido.
Comeza 8PÉS. Volve a sonar o órgano de Alberdi.