8PÉS
Festival de Órgano · Orquesta Clásica de Vigo
A Orquesta Clásica de Vigo presenta neste 2021 a primeira edición de 8PÉS, un festival dedicado ao órgano, a súa música e ao seu mundo, tomando como centro o instrumento da Concatedral de Santa María de Vigo, construido por Lope Alberdi no ano 1909.
8PÉS é una aproximación ao órgano dende a curiosidade para coñecer unha música misteriosa e única. Nela conxúgase como poucas a historia, a tradición e a modernidade, concentrada nun instrumento abraiante que pasa desapercibido nas igrexas polo seu carácter secundario.
A música do órgano resoa nun dos instrumentos vivos máis antigos e caracterízase pola súa modernidade e diversidade; a densidade e a solemnidade; a versatilidade e a complexidade. Aspectos todos eles recollidos nun repertorio amplísimo en moitas ocasións agochado ou esquecido.
8PÉS é un proxecto da Clásica que nace na semana de Santa Icía para poñer este instrumento no centro do concerto. Un festival que xurde como unha oportunidade para abrir o órgano á cidade e compartir o noso pasado con solistas excepcionais que veñen, nesta ocasión, dende Covadonga, Valencia e San Sebastián para enfrentarse ao noso órgano centenario, nunha programación diversa pensada para descubrir, gozar coa súa música e poñer en valor o noso patrimonio restaurado.
Comeza 8PÉS. Volve a sonar o órgano de Alberdi.