Enterticket

Abe Rábade - Botánica no festival maré 2022

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Abe Rábade - Botánica no festival maré 2022

Abe Rábade conta con catorce discos como líder aos que suma agora Botánica, que verá a luz o 16 de setembro e se presenta ao vivo dentro da programación do festival Maré, o 26 de setembro, coa colaboración do Concello de Santiago. 

Este novo traballo discográfico de Abe Rábade para Karonte Records, conta con 14 composicións orixinais dedicadas á vexetación autóctona de Galicia. En conxunto, conforman un campo de visión aberto ao mundo que funde o rural co urbano. A escrita musical e o piano de Abe Rábade atópanse nesta ocasión coa voz e a percusión tradicional galega dun dos valores máis prestixiosos da nosa escena musical: Davide Salvado.

Daniel Juárez ao saxo tenor, Virxilio da Silva á guitarra, Ton Risco ao vibráfono, Jimena Andión ao cello, Pablo Martín Caminero ao contrabaixo e Naíma Acuña á batería completan un colectivo artístico heteroxéneo, baseado na integración de estéticas musicais e na exploración libre de prexuízos.

Co patrocinio do Concello de Santiago.
Produciones Bles - Karonte Distribuciones


Facebook: @cantosnamare
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal


Teatro Principal
24 sept 2022
ProvinciaA Coruña
Recinto
Teatro Principal
DirecciónRúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 12:00 h - Inicio 12:30 h

OTROS EVENTOS