Enterticket

Amancio Prada & Real Filharmonía de Galicia | Festival MARÉ 2023

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Amancio Prada & Real Filharmonía de Galicia | Festival MARÉ 2023
O festival maré, que terá lugar en Compostela entre o 20 e o 24 de Setembro, abrirá a súa programación o mércores 20 de setembro no Auditorio de Galicia de Santiago, cunha estrea especial que se leva xestando desde hai varios meses. Por vez primeira, o histórico cantautor Amancio Prada presentará coa Real Filharmonía de Galicia a versión sinfónica dos Seis Poemas galegos de Federico García Lorca, coa orquestación e dirección de David Fiuza e a colaboración especial do Coro Cantigas e Agarimos.

Este concerto inaugural será a primeira vez que se poidan escoitar os poemas galegos de Lorca en versión sinfónica, sendo a segunda vez na historia que colaboren Amancio Prada e a Real Filharmonía de Galicia. “É unha obra pensada como unha suite, unha obra única e contínua en seis movimentos, fluindo coa mesma naturalidade que amosou Lorca”, afirma Prada sobre este traballo que considera “unha homenaxe a Galicia e á súa alma”.

O prato forte deste espectáculo será a estrea sinfónica dos poemas de Lorca, mais terá unha primeira parte tamén cargada de emoción. O motivo é que suporá a primeira das actuacións da xira “Celebrando 50 anos desde Vida e Morte”, na que Amancio Prada lembrará este disco fundacional. Deste xeito, haberá unha parte para a celebración e outra para reivindicar un prolífico traballo creativo que segue mirando ao futuro.


Agardamos por vós o vindeiro mércores 20 de setembro no Auditorio de Galicia para comezar esta viaxe!


Facebook: @cantosnamare
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal

Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.

Auditorio de Galicia - Sala Ángel Brage
20 sept 2023
ProvinciaA Coruña
Recinto
Auditorio de Galicia - Sala Ángel Brage
DirecciónAv. do Burgo das Nacións, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 19:30 h - Inicio 20:30 h

OTROS EVENTOS