Enterticket

Andaina polo Vigo industrial | Sinsal Litoral

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Andaina polo Vigo industrial | Sinsal Litoral

Andaina polas orixes e a actualidade do Vigo portuario 

11:30. Punto de partida: Praza da Princesa, Vigo. Duración: 2h.

Praza da Princesa (punto de partida) | 11:30

Andaina polas orixes e actualidade do Vigo portuario coa colaboración de Vigo Pesqueiro (Fundamar) e a actuación especial de Modulador de Ondas, proxecto musical do thereminista Paulo Pascual. O punto de encontro é a Praza da Princesa, en Vigo, e a actividade ten unha duración aproximada de dúas horas. Ao remate da andaina ofrecerase unha degustación gastronómica en Viveiros López Novoa. O importe desta actividade deberá aboarse a maiores. 

Prazas: 20. 

Prezo da andaina: 8 euros

Prezo da degustación ao finalizar a andaina: 7 euros

A degustación require un número mínimo de persoas. No caso de non acadalo, procederíase á devolución do pago.



SINSAL LITORAL SON ESTRELLA GALICIA 2020


Sinsalaudio explora novos escenarios en 2020 co festival  Sinsal Litoral SON Estrella Galicia, do mércores 22 ao domingo 26 de xullo. Música, si, pero tamén andainas polo patrimonio industrial e natural, poesía e cinema e unha xornada dedicada á economía circular forman parte do festival. O asturiano Rodrigo Cuevas será o encargado de abrir co concerto no castelo de Soutomaior o mércores 22 de xullo. Serán cinco xornadas, cada día nun espazo diferente, coa banda sonora ao vivo de Laura LaMontagne & PicoAmperio, Los Hermanos Cubero, Modulador de Ondas e Trilitrate. 


Encontros de pequeno formato ao redor da música, do patrimonio natural e industrial, coas xentes que os habitan e, en todos eles, o mar de preto. Sinsal Litoral SON Estrella Galicia quere ser un espazo de reflexión sobre os retos da cultura na Axenda 2030 e con actividades paralelas pola divulgación do noso patrimonio industrial e natural, construíndo unha programación cálida, de proximidade, proporcionando confianza, seguridade e atractivo para o público. É Sinsal Litoral un festival de pequenos foros, non só como manda o sentido común  neste momento que vivimos, senón como é tamén marca da casa.


Sinsal Litoral conta coa complicidade e apoio de SON Estrella Galicia, patrocinador principal do festival. Ademais, cos patrocinadores institucionais: Xacobeo 2021, Agadic, Deputación de Pontevedra, Turismo Rías Baixas e Concello de Redondela. Colaboran Fundación Paideia, Gadis, Chef Maestro, Cosferla. Participan no programa Amarturmar, Vigo Pesqueiro-Fundamar, Astilleros Cardama, Mosteiro de Oia.



Normas de seguridade sanitaria SINSAL LITORAL SON ESTRELLA GALICIA:

1. Cando debo usar a máscara?

En todo momento. Solo poderás retirala para consumir a túa bebida. O acordo da Xunta de Galicia publicado no DOG do sábado 18 de xullo de 2020 establece a obriga do uso de máscara en espazos públicos, abertos e pechados, ainda que se poda manter a distancia de seguridade. 

2. Protocolo de acceso e desaloxo

- No acceso: as cadeiras serán ocupadas por orde de chegada, completando o aforo desde a primeira ringleira até a última. No desaloxo: a orde de saída será á inversa; empezando pola última ringleira. Respectade as distancias con aquelas persoas que non son as vosas acompañantes.

3. Para pedir unha consumición naqueles concertos que dispoñan deste servizo: uso obrigatorio de máscara no acceso á barra e non consumir de pé, só sentado na cadeira.

Agradecémosvos a vosa colaboración nestas medidas para a seguridade de todas e todos.

Praza da Princesa, Vigo
25 jul 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Praza da Princesa, Vigo
DirecciónPraza da Princesa, 36202 Vigo, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 11:15 h - Inicio 11:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS