Enterticket

ANTONI MUNTADAS 1

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
ANTONI MUNTADAS 1

A presente edición de INTERSECCIÓN dedica un foco a Antoni Muntadas, revisando a cidade e a súa idiosincrasia á luz da obra deste artista que adicou gran parte da súa carreira a profundizar e poñer no punto de mira o fronteirizo, a construción do medo e a arquitectura do poder.

 

Antoni Muntadas

Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) traballa na súa obra temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e o privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma na que son empregados para censurar información ou promulgar ideas. Traballa proxectos en distintos medios como a fotografía, vídeo, publicacións, internet e instalacións multi-media. Dende o ano 1995 Muntadas ven agrupando unha serie de traballos e proxectos baixo a denominación On Translation. Son obras de contido, dimensións e materiais moi diversos, e todas xiran en torno a unha experiencia persoal do autor, ao longo de máis de trinta anos de actividade como artista en numerosos países. Ao agrupar as obras baixo este epígrafe, Muntadas ubícaas no interior dun corpo de experiencias e preocupacións concretas sobre a comunicación, a cultura do noso tempo e o papel da artista e da arte na sociedad contemporánea. 

 

         Video is Television?

Vídeo HD | cor  | son  | 5’  | 1989

Nunha colisión de imaxes mediáticas e imaxes dos media, Muntadas fusiona o cine, o vídeo e a televisión nunha sala de espellos que reflexa a cultura contemporánea. Vistas de maneira fragmentaria en primeiros planos, as imaxes de vídeo e televisión de varias fontes cinematográficas (Poltergeist, Videodrome, Network, The Candidate) e as grabacións de videoarte preséntanse como campos abstractos e ilexibles. Ante este terreo de liñas de exploración e imaxes escuras, unha serie de palabras illadas - "manipulación", "contexto", "audiencia", "fragmento" - compoñen un índice das tácticas empreadas polo aparello televisivo, así como das estratexias reflexivas de Muntadas (vídeos) para criticar aos medios. A medida que a tensa partitura musical de Glenn Branca acelérase ata o seu clímax, a imaxe videográfica final, que amosa os televisores nunha pantalla de consumo, fragméntase e desintégrase.


On Translation: Miedo/Jauf

Vídeo HD | cor | son | 54’ | 2007 

On Translation: Miedo/Jauf é un proxecto sobre a experiencia e a interpretación do medo e as súas complexidades aos dous lados do Estreito. On Translation: Miedo/Jauf non é unha obra sobre a emigración/inmigración de África/Europa. Nin sobre a relixión nin sobre o terrorismo. Dúas realidades diversas divididas non só por un mar senón por valados fronterizas e límites en ambos lados.

A busca do norte cos seus paraísos creados e para moitos non atopados, o medo como emoción/sensación insertada nesa decisión do cruce. A construcción do sur como ficción/realidade conectada a fenómenos do descoñecido, o exótico e o diferente. A atracción de dúas realidades diversas nas que a información circula boca a boca a través dos media e dos estereotipos. O intentar comprender e percibir unha esperanza nun continente "esquecido" polo mundo occidental, África como esperanza do futuro.


Fundación Luis Seoane
30 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 20:40 h - Inicio 21:00 h

OTROS EVENTOS