Enterticket

AulaColectiva Antoni Muntadas + Antoni Muntadas 2

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
AulaColectiva Antoni Muntadas + Antoni Muntadas 2

Másterclass Antoni Muntadas. A construcción do medo

Antoni Muntadas reflexionará en esta masterclass sobre a idea de medo, un concepto amplamente explorado ao longo do seu traballo que garda relación con filmes presentes en INTERSECCIÓN como On Translation: Fear/Miedo (2005) ou On Translation: Miedo/Jauf (2007). Todo isto lévanos a preguntarnos polos relatos hexemónicos, a relación có poder e a violencia e como se vai articulando un imaxinario colectivo vencellado a variadas formas de comunicación. As tensións sociais, as fronteiras, a política ou a propia linguaxe forman parte de toda esta engrenaxe expresada en diferentes esferas sociais.

Antoni Muntadas

Antoni Muntadas (Barcelona, 1942) traballa na súa obra temas sociais, políticos e de comunicación, a relación entre o espazo público e o privado dentro dun marco social, e investiga as canles de información e a forma na que son empregados para censurar información ou promulgar ideas. Traballa proxectos en distintos medios como a fotografía, vídeo, publicacións, internet e instalacións multi-media. Dende o ano 1995 Muntadas ven agrupando unha serie de traballos e proxectos baixo a denominación On Translation. Son obras de contido, dimensións e materiais moi diversos, e todas xiran en torno a unha experiencia persoal do autor, ao longo de máis de trinta anos de actividade como artista en numerosos países. Ao agrupar as obras baixo este epígrafe, Muntadas ubícaas no interior dun corpo de experiencias e preocupacións concretas sobre a comunicación, a cultura do noso tempo e o papel da artista e da arte na sociedad contemporánea. 


Açik Radyo (Myths & Stereotypes)

Vídeo HD | cor | son | 32’ | 2010

On Translation: Açik Radyo é parte da serie de traballos e proxectos en curso de Muntadas sobre comunicación, cultura e o papel da arte e o artista na vida contemporánea. Esta peza é resultado dun proxecto de dous anos creado no contexto de Lives and Works in Istanbul, un programa que invita a artistas de países europeos a traballar e crear obras sobre a cidade. Açik Radyo é unha estación de radio alternativa e independente que transmite en toda a área metropolitana de Estambul.


Alphaville e outros

Vídeo HD | cor | son | 9’ | 2011

"Alphaville", un barrio residencial cerrado en São Paulo, é a localización principal de Alphaville e outros de Muntadas, que examina o fenómeno das "comunidades cerradas" e como o medo e a búsqueda da exclusividade conducen ao illamento urbano e a exclusión. A obra toma como referencia a película de 1965 Alphaville de Jean-Luc Godard (da que se deriva o nome do barrio de São Paulo), unha visión de ciencia ficción distópica dun futuro urbano totalitario. As escenas en branco e negro da película de Godard xustapóñense con promocións casi utópicas para o "Alphaville" brasileiro, animacións dixitais, imaxes de cámaras de seguridade e imaxes das piscinas, canchas de tenis e xardíns do barrio de São Paulo. Muntadas presenta unha arquitectura do espazo basada na retórica e os mecanismos do medo e o control; as imaxes recurrentes de valados xigantes suxiren as murallas defensivas medievais que unha vez arrodearon as cidades.

Fundación Luis Seoane
31 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 16:10 h - Inicio 16:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS