Enterticket

Bia Ferreira + O Rabelo | Festival MARÉ 2023

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Bia Ferreira + O Rabelo | Festival MARÉ 2023
Coma parte do festival maré, que volve a Compostela do 20 ao 24 de setembro, Bia Ferreira aterrará na cidade co seu novo disco Faminta, en formato trío. Será o concerto que poña fin a súa xira europea.

A súa música, que ela define como "MMP — Música de Mulher Preta", trata temas como o feminismo, o antirracismo e a homofobia. Cun estilo afrodiaspórico, agrega referencias de África con ritmos como a samba, o soul, o R&B, o reggae, mentres que liricamente empurra aos seus oíntes cara á incomodidade, que xera "movemento" ou acción. As súas letras foron descritas como "escrevivência", un termo que usa Conceição Evaristo para "contar as nosas historias dende as nosas perspectivas".

Coma concerto previo, gozaremos da maxia de O Rabelo, un dos creadores trans galegos máis destacados, que fusiona tradi, rap e reguetón. O artista de Cerdedo (Pontevedra) defínese coma antifascista, transfeminista e anarquista, a favor da tenrura, os cuidados e a violencia reactiva.

O seu proxecto musical comezou en 2019 a cabalo entre a regueifa, a improvisación tradicional e o freestyle. Desde entón ten publicado unha maqueta, "Que prenda a faísca" (2020, Arte Calavera), e un LP, "SUOR" (2022, prod. Petrowski). Leva ao escenario un espectáculo híbrido entre unha foliada e unha rave. Nestes anos redescubriu a maquillaxe e o uso da roupa para expresar a sua identidade como persoa non binaria a través do drag furry.


Agardamos por vós o vindeiro xoves 21 de setembro na Sala Capitol.

Consulta a normativa sobre o acceso dos menores aquí


Facebook: @cantosnamare
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal

Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.
Sala Capitol
21 sept 2023
ProvinciaA Coruña
Recinto
Sala Capitol
DirecciónRúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 20:30 h - Inicio 21:30 h

OTROS EVENTOS