BRUNO DELGADO RAMO: INGREDIENTES E PROCEDEMENTOS
ENTRADAS
INFORMACIÓN
Aínda co curto tempo transcorrido dende as súas Bobinas ovinas (2018), a súa primeira película en super 8, Bruno Delgado Ramo acadou unha comprensión notoria da especificidade do cinema como medio, que se traduciu nunha serie de obras que, sen deixar de lado o aproveitamento sensual (e reflexivo) de elementos fotográficos coma a cor e maila luz, pensan dun xeito único este invento que temos entre mans.
SUGERENCIA DE PRESENTACIÓN | Bruno Delgado Ramo, España, 2021, proxector de super 8, mesa Karva, brazos de rebobinado e foco, 10 min.
Comeza a proxección, polo seu verdadeiro principio. Desarticúlanse as convencións dunha presentación de cine, déixase ao público ver os seus elementos técnicos desarmados, aluméase o proxeccionista.
SPINOZA/ONGODIST | Bruno Delgado Ramo, España, 2021, super 8, 11 min.
Spinoza/Ongodist achégase á figura de Baruch Spinoza como puidor de lentes, filósofo e comerciante de froitos secos. Todas elas cousas que se poden ver nesta película, do vermello ao azul e a través de distintos xestos, a partir da visita á que fora a casa do filósofo en Rijnsburg, hoxe convertida en museo.
UN BAILE CON FRED ABSTRAIT | Bruno Delgado Ramo, España, 2020, super 8, 25 min.
Podemos dicir que esta película é a “precuela” de Una película en color: pertence ao grupo de bobinas filmadas partindo da idea accionada polo libro Viaxe ao redor da miña habitación (1974), do escritor francés Xavier de Maistre, de filmar unha película montada en cámara na súa totalidade sen saír dunha habitación de 12 metros cadrados e 15 de perímetro. Un proxecto que comezou cunha serie de regras e premisas, e que se articula en torno á luz, á cor e á cámara de cine (que aquí se equipara á “cámara” arquitectónica, a habitación).
*Interludio* selección kino~okno | Bruno Delgado Ramo e VV.AA., España, 2020-2021, super 8, 21 min.
Unha das accións do gabinete kino~okno consistiu na filmación, eminentemente de ventás, usando unha cámara rusa de super 8 marca Quartz “preparada”. Trátase dunha cámara robusta e espartana á que se lle quitou o obxectivo para deixar o proceso de filmación no seu grao cero. Estas cámaras (pois había varias iguais) foron entregadas a diferentes persoas implicadas no proxecto. Aquí presentamos unha selección destas bobinas, os kino~okno 2, 7, 8, 23 e 24, nos que cabe dende un “noticiario” das actividades do Gabinete no Convento de Santa Clara, a unha ventá na Costa Oeste de El Puerto de Santa María.
SUGERENCIA DE CONTINUIDAD | Bruno Delgado Ramo, España, 2021, super 8, 4 min.
Unha película sonora en super 8 dunha persoa que enfía un proxector por primeira vez.
AGUAS BRAVAS | Bruno Delgado Ramo, Paula Guerrero, España, 2019, super 8, 3 min.
Unha única bobina montada en cámara, filmada no río Júcar, en Cuenca. O movemento das augas compasa o movemento dos corpos e mais dos varridos, a fita de película vaise estendendo dentro e fóra da cámara.
OTROS EVENTOS
En este momento no hay otros eventos relacionados. Visita nuestra página de inicio para buscar más eventos.
Ir a Inicio