today Jueves, 22 de septiembre de 2022 access_timeApertura: 20:30h Inicio: 21:30h place Sala Capitol - Rúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España
today Chico César + Catuxa Salom no festival maré 2022
Coma parte do festival maré,que volve a Compostela do 21 ao 25 de setembro, Chico Césaraterrará na cidade coa xira depresentación do seu novo disco Vestido de Amor.
Así, a lenda viva da música brasileira regresa co seu décimo disco, o primeiro gravado fóra do Brasil, un traballo multicultural que reúne ritmos brasileiros, occidentais, caribeños e africanos, que van dende o forró ao reggae xamaicano, calypso e coco, pasando por un electrizante rock urbano.
Coma concerto previo, gozaremos da maxia de Catuxa Salom, unha artista metade galega metade arxentina que nos achega unha fusión de ritmos tribais latinoamericanos con música en galego, nun envoltorio electrónico.
Agardamos por vós o vindeiro 22 de setembro na Sala Capitol.
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.