CIP | Apertura + proxección das pezas do Taller Kamikaze
ENTRADAS
INFORMACIÓN
Chegou a novena edición do Carballo Interplay!
Despois de tres días de creatividade traballando en equipo con profesionais do mundo audiovisual e de enfrontarse ao reto de idear, gravar e postproducir capítulos da serie Dinosaurio, os e as participantes do taller amosaránnolas en exclusiva na apertura do festival.
RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS
Para acudir ás sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa.
As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.
As entradas NON validadas 15 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra
persoa.