CFA “TAL PARA MAL”
CON DAVID SAINZ E TERESA SEGURA
Sábado 1 de abril ás 19h00
Pazo da Cultura de Carballo
O Código Fonte Audiovisual é un formato híbrido entre conferencia e proxección, no que se convida a un curator a que seleccione e comente fragmentos de obras audiovisuais incrustables que marcarán a súa cultura e a súa forma de entender o mundo. Porque os recordos son fragmentos dun arquivo vivo que estamos a producir e reinterpretando constantemente. Nesta edición compartirán o seu disco duro connosco… David Sainz e Teresa Segura!
Ambos farán un percorrido audiovisual das películas, series e vídeos que marcaron a súa infancia e adolescencia e ata chegar ao momento no que se coñeceron, hai 14 anos, para sumar o que pensa unha cabeza en Paint e unha en Excel.