CIP | Conversas de serie web
ENTRADAS
INFORMACIÓN
Coas series web como protagonistas, o Café con
CREA deste ano busca ser un encontro entre diferentes profesionais para achegar
posturas arredor da situación do formato en Galicia. Ábrese un debate para
todos os públicos sobre o sentido a nivel persoal e profesional de proxectos
fundamentais no panorama das series web en Galicia da man das principais
creadoras e creadores.
Coa evolución das novas tecnoloxías e o rápido crecemento das plataformas, que pasa coas series web a día de hoxe? Reflexionaremos sobre isto con Sonia Mendez (Angélica y Roberta), Irene Pin (Amnesia 3.0), Javi Camino (El viudo quiere mimos), Óscar Cruz (colectivo Porco Bravú). Modera: Lucía Estévez.
RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS
Para acudir ás sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa.
As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.
As entradas NON validadas 15 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa.
PROTOCOLO COVID19
Establécese un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espazo: desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, uso obrigatorio de máscara en todo momento (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de facelo), respecto do percorrido de entrada e de saída e uso da cadeira asignada, sen cambiar o seu emprazamento.
Ao final do espectáculo, deberase prestar atención ás indicacións do equipo para evacuar o recinto de forma organizada, escalonada e controlada. Os espazos baléiranse completamente de público para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes.
O evento tamén poderá seguirse en streaming nas canles de Youtube, Facebook e Twitch do Carballo Interplay.