Despois de gañar o premio ao proxecto de serie
en galego da pasada edición do festival, David Fidalgo volve ao Carballo
Interplay para amosarnos os tres primeiros capítulos de Cacola, unha webserie de
animación 2D dixital cunha estética cartoon con cores planas, animacións
irreais e historias autoconclusivas cun ton de comedia absurda na que todo pode
pasar.
RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS
Para acudir ás sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa.
As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.
As entradas NON validadas 15 minutos antes do
inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa.
PROTOCOLO COVID19
Establécese un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espazo: desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, uso obrigatorio de máscara en todo momento (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de facelo), respecto do percorrido de entrada e de saída e uso da cadeira asignada, sen cambiar o seu emprazamento.
Ao final do espectáculo, deberase prestar atención ás indicacións do equipo para evacuar o recinto de forma organizada, escalonada e controlada. Os espazos baléiranse completamente de público para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes.
O evento
tamén poderá seguirse en streaming nas canles de Youtube, Facebook e Twitch do
Carballo Interplay.