CIP | Estrea de "PRINGADAS"

today Viernes, 8 de abril de 2022

today Viernes, 8 de abril de 2022
access_time Apertura: 18:00h Inicio: 18:30h
place Auditorio Pazo da Cultura de Carballo - Rúa Pan, s/n, 15100 Carballo, A Coruña

today CIP | Estrea de "PRINGADAS"

Despois de gañar o premio ao proxecto de serie en galego da pasada edición do festival, Belén Puime volve ao Carballo Interplay para amosarnos os tres primeiros capítulos de Pringadas.

“Hai moitas situacións na vida que nos fan suspirar e dicir “Lol vai pringada”, e Xoana, Catu e Antía, non son diferentes niso. En cada episodio, estas tres compañeiras de piso, abren o seu diario persoal que conta situacións que lles fixeron sentir así. A ruptura co primeiro amor, o sentimento de non pertencer a nada e o diagnóstico dunha ETS son os momentos clave nos que cada personaxe convértese en protagonista e conta de forma sincera e desenfadada ao espectador. Todo isto, contando con Santiago de Compostela como escenario protagonista da ficción, e escenario real da vida da maioría de estudantes universitarios galegos.”

RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS

Para acudir ás sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa.

As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.

As entradas NON validadas 15 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa. 

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 08/04/2022)

date_range Próximos eventos de Carballo Interplay

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.