Enterticket

CIP | O outro lado da pantalla + Petiscos no Derby

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
CIP | O outro lado da pantalla + Petiscos no Derby

Ás 11h00. A creadora cultural María Yáñez proporá en directo, a través da súa experiencia persoal, unha viaxe desde os inicios da internet galega ata as portas da chegada das redes sociais. Un repaso a como chegaron as primeiras conexións nos anos 90, as primeiras webs en galego, os primeiros medios dixitais, as primeiras plataformas sociais de contido, que naceron desde abaixo, colectivamente e con dúas motivacións principais: a lúdica e a activista.


Ás 12h00. Café Derby 21 é un podcast que nace das conversas de cociña dun piso de estudantes. Adrián Lede, Nicolás Carreira e Carme D. Prol xúntanse cada semana cun convidado/a relacionado coa cultura galega para facer unha tertulia aberta sobre a carreira do convidado/a, actualidade e o que xurda. Esta vez ábrennos as portas da súa saliña de estar para verse as caras con algúns dos creadores e creadoras do momento nas novas narrativas dixitais do país.


Acompañaranos nesta cita Sara Seco, Carla e Marcos de Todo Mal, Meryfos, Totakeki.


Auditorio Pazo da Cultura de Carballo
30 mar 2023
Recinto
Auditorio Pazo da Cultura de Carballo
DirecciónRúa Pan, s/n, 15100 Carballo, A Coruña
Horario
HorarioApertura 10:30 h - Inicio 11:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS