Enterticket

CIP | PANEL: ACTIVISMO, DIVULGACIÓN E FEMINISMO(S) NA REDE

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
CIP | PANEL: ACTIVISMO, DIVULGACIÓN E FEMINISMO(S) NA REDE

No Carballo Interplay poremos o foco no traballo de persoas que utilizan as posibilidades da rede para amosar outras realidades ou facer do mundo online un lugar máis habitable dende o humor, a divulgación, a arte… e todo o que se lles poña polo camiño. As protagonistas serán: Nerea Pérez de las Heras, Eugenia TenenbaumAna Polo e Asaari Bibang.

NEREA PÉREZ DE LAS HERAS. É coñecida polo seu traballo como xornalista e dramaturga. Leva anos facendo humor político en público a través do show “Feminismo para torpes” que se converteu nun libro (Planeta) e unha serie de vídeos para o diario El País, o podcast “Saldremos mejores” xunto a Inés Herand e a obra de teatro Como chegamos ata aquí xunto a Olga Iglesias. Ao longo da súa traxectoria profesional ha escrito en medios como El País, SModa, Mujer hoy, Vogue, Esquire, Marie Claire e Glamour e colaborado en diversos programas de radio e televisión como “A vivir” na Cadena Ser e “Las que faltaban” en Movistar.

EUGENIA TENENBAUM. Eugenia Tenenbaum estudou Historia da arte e a súa especialización son os estudos de xénero. Actualmente traballa como divulgadora cultural creando contido en redes sociais no que combina arte, perspectiva de xénero, feminismo e crítica social.

ANA POLO. Xornalista e humorista. Traballou en varios programas de RTVE, Rac1 e Catalunya Ràdio. Tamén foi colaboradora e guionista do late show “No te metas en política”. Actualmente podédela atopar no podcast OYE POLO de Radio Primavera Sound, xunto con Maria Rovira/Oye Sherman; e en "Feministic", programa divulgativo sobre feminismo en clave de humor de Fibracat TV. Tamén nos monólogos cos que percorre a xeografía catalá. O evento tamén poderá seguirse en streaming nas canles de Youtube e Twitch do Carballo Interplay.

ASAARI BIBANG. Asaari é unha actriz e cómica de Guinea Ecuatorial afincada en España. Cando tiña tres anos desapareceu nun pequeno poboado onde se facían misas tradicionais e, coa súa nai xa desesperada por buscala, apareceu horas despois cantando e bailando co coro da igrexa. A ninguén lle sorprendeu cando dez anos despois dixo “mamá, quiero ser artista”. Participou na Riot Comedy, o proxecto feminista da cómica Penny Jay, no festival de humor feminista Coñumor e en programas como La Resistencia, Las que faltaban ou Comedy Central.​ En 2021 presentou o seu espectáculo afrofeminista Humor Negra.​ Ademais, colabora para Pikara Magazine e El País.


RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS

Para acudir ás sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa. As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.

As entradas NON validadas 15 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa. 

Auditorio Pazo da Cultura de Carballo
09 abr 2022
Recinto
Auditorio Pazo da Cultura de Carballo
DirecciónRúa Pan, s/n, 15100 Carballo, A Coruña
Horario
HorarioApertura 11:00 h - Inicio 11:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS