Vén polo chascarrillo, queda polos traumas. ¿Puedo hablar! é o podcast de Esnórquel e Perra de Satán, onde cada semana analizan co seu particular humor e sen censura temas importantes ou intranscendentes. A medio camiño entre un show de comedia e unha consulta de psicoloxía, Bea e Enrique discorren sobre saúde mental, os seus corpos, política, cultura, ligoteo, sexo, depresión… e moita televisión dos noventa.
RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS
Para acudir ás sesións será preciso realizar
reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa.
As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.
As entradas NON validadas 15 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa.
PROTOCOLO COVID19
Establécese un protocolo COVID-19 que se debe seguir en cada espazo: desinfección de mans con xel hidroalcohólico no acceso, uso obrigatorio de máscara en todo momento (salvo presentación de xustificante que acredite estar exento de facelo), respecto do percorrido de entrada e de saída e uso da cadeira asignada, sen cambiar o seu emprazamento.
Ao final do espectáculo, deberase prestar atención ás indicacións do equipo para evacuar o recinto de forma organizada, escalonada e controlada. Os espazos baléiranse completamente de público para proceder á hixenización do mobiliario entre as montaxes.
O evento
tamén poderá seguirse en streaming nas canles de Youtube, Facebook e Twitch do
Carballo Interplay.