RAJANDO CON…
TOMÀS FUENTES E LAURA MÁRQUEZ
Venres 31 de marzo ás 22h30
Pazo da Cultura de Carballo
O Caballo Interplay é punto de encontro da xente do dixital pero tamén sitio para laretar, para rexoubas e para rir. Por iso contaremos na nosa xa habitual sección “Rajando con…” con dúas das persoas que máis e mellor comedia fan (para nós, e seguro que para vós tamén) no ámbito estatal: Tomàs Fuentes e Laura Márquez.
Listas para “rajar”? Nós SEMPRE.