CIP | SHOW: Rajando con... Ana Polo e Asaari Bibang

today Viernes, 8 de abril de 2022

today Viernes, 8 de abril de 2022
access_time Apertura: 22:00h Inicio: 22:30h
place Auditorio Pazo da Cultura de Carballo - Rúa Pan, s/n, 15100 Carballo, A Coruña

today CIP | SHOW: Rajando con... Ana Polo e Asaari Bibang

Ana Polo e Asaari Bibang, dúas das cómicas do momento, chegan ao Carballo Interplay dispostas a “rajar”. ¿Que esperar deste show? Nin nós mesmas o sabemos, así que TODO.

ANA POLO: Xornalista e humorista. Traballou en varios programas de RTVE, Rac1 e Catalunya Ràdio. Tamén foi colaboradora e guionista do late show “No te metas en política”. Actualmente podédela atopar no podcast OYE POLO de Radio Primavera Sound, xunto con Maria Rovira/Oye Sherman; e en "Feministic", programa divulgativo sobre feminismo en clave de humor de Fibracat TV. Tamén nos monólogos cos que percorre a xeografía catalá.

ASAARI BIBANG: É no 2015 cando decide darlle unha volta á súa carreira e facer a súa primeira inclusión na Stand Up Comedy. Dende entón, vímola actuar co seu propio show en coñecidas salas como “La Chocita del Loro” e en exitosos espectáculos como “Riot Comedy Fem” ou “Rumba y Comedia”. Na actualidade participa en “Pa’ que nos conquistan”, unha montaxe que busca dar visibilidade a cómicos estranxeiros de fala hispana. Tamén é parte do elenco de “Foráneas”, show que ten lugar na célebre “Beer Station” de Madrid.

O evento tamén poderá seguirse en streaming nas canles de Youtube e Twitch do Carballo Interplay

RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS

Para acudir ás sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa.

As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.

As entradas NON validadas 15 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra persoa. 

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 08/04/2022)

date_range Próximos eventos de Carballo Interplay

closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.