Non se pode saber de todo pero Andrea Gumes reúne en Tardeo colaboradoras que saben moito de cinema e series, feminismos, astrología, alimentación, libros e cómics, racismo, menstruación, sexualidade, tendencias, videoxogos, vivenda digna, saúde mental... En definitiva, todas as cousas importantes da vida. O magazín de cultura e actualidade de Radio Primavera Sound, que contará neste Carballo Interplay con Nerea Pérez de las Heras e Las hijas de Felipe como convidadas especiais.
O evento tamén poderá seguirse en streaming nas canles de Youtube e Twitch do Carballo Interplay.
RESERVA PREVIA DE ENTRADAS GRATUÍTAS
Para acudir ás sesións será preciso realizar reserva previa de entrada, de xeito gratuíto, cun máximo de dúas por persoa. As entradas serán nominais, para garantir un rexistro de público que permita realizar a trazabilidade en caso de ser necesario. Os datos de contacto recollidos son para garantir a seguridade e serán utilizados única e exclusivamente con este obxectivo. Este arquivo custodiarase por un período non inferior a tres meses nin superior a nove meses.
As entradas NON validadas 15 minutos antes do inicio da sesión poderán reasignarse a outra
persoa