Enterticket

TRAZADOS TRÁNSITOS E CIUDADELAS I e II: Sabrina Ratté e Randa Maroufi

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
TRAZADOS TRÁNSITOS E CIUDADELAS I e II: Sabrina Ratté e Randa Maroufi

A obra de Sabrina Ratté é continuamente dicotómica. Nela convive o real e o ficticio, propiciando unha fábula estética, histórica e, sen embargo, improbable, tan nova e espontánea como as ocurrencias do inconsciente, que tenden a empapalo todo de suxerencias e ambigüidades.

Sabrina Ratté

Undream

Vídeo HD | son | cor | 7’ | 2018 | estrea galega

Machine for Living - Montigny-le-Bretonneux

Vídeo HD | son | cor | 2018 | estrea española


 

Ser cidadá significa estar, coñecer e transformar o espazo urbano. Como vivimos a cidade? De que maneira os corpos afectan e vense afectados polos espazos físicos ou polas políticas que os modifican? 

Intúese neste foco un compromiso co habitar, un sutil exame das formas en que os lugares nos exclúen ou nos acollen, divídennos, condicionando os nosos movementos e viceversa, de maneira que todo se retroalimenta nunha rede complexa na que a construción e a destrución forman parte dun corpo vivo en constante mutación. 


Nós, as cidadás, aínda non somos iguais. A igualdade é unha quimera do privilexio. Non vivimos todas na mesma cidade, senón que unha urbe  comprende miles de cidades distintas, unhas efémeras e inestables, outras rápidas, estresantes, cidades cheas de ollos, cheas de prexuizos e obrigas, ou de oportunidades e cambios, cidades sólidas e vetustas, de traballo duro, de ocio, de supervivencia, cidades de metal e de barro, que se transforman amodo ou que non queren cambiar. Ser cidadás require tempo. A cidade ensínanos a ser, condiciona os corpos e as rutinas. A cidade é un motor, un espazo que pode e debe transformarse. As persoas, as cidadás, vivimos aquí, aquí en calquera parte, e as nosas vidas son o corpo do urbano que a través da mirada crítica de Randa Maroufi ponse en perspectiva, actívase e cuestiónase. 

Randa Maroufi

Bab Sebta

Vídeo HD | son | cor | 19’ | 2019

Stand-by office

Vídeo HD | son | cor | 13’20’’ | 2017 | estrea galega

The ParK

Vídeo HD | son | cor | 14’ | 2015 | estrea galega

Fundación Luis Seoane
27 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 20:10 h - Inicio 20:30 h

OTROS EVENTOS