Voltan as jams session de Swing & Manouche a Compostela! Desta vez, na Casa das Crechas.
O vindeiro xoves 19 de maio teremos ao violinista Ismael Cabaleiro presentando o seu novo disco INTRES, acompañado de David Regueiro (contrabaixo) e Daniel Casares (guitarra).
Ismael está formado en violín jazz en Barcelona e tras unha etapa en Madrid afincouse en Santiago de Compostela.
INTRES é un disco formado por 7 composicións orixinais de Ismael, inspiradas no estilo da banda de Stephane Grapelli xunto ao guitarrista Martin Taylor, ás que lle engade a súa propia personalidade.
Este disco é o resultado do proxecto "Ismael Cabaleiro Tributo a Grapelli" co que David, Daniel e Ismael traballaron o estilo da banda do violinista francés durante o último ano.
Despois da apertura teremos unha jam session aberta a todas as persoas que queiran subir a tocar, cantar e, por suposto, bailar swing ou manouche!
Máis info: Compostela Swing & Manouche Jam Session