today Compostela Swing & Manouche Jam Session na Casa das Crechas
Aquí está a primeira jam session de Swing & Manouche deste 2023!
Coma sempre, na Casa das Crechas.
The Sar Swing Quintet nace como resposta ás inquedanzas musicais de Iván e Javi, que querían crear un grupo musical cun obxectivo claro: Bailar até que gastes os zapatos!
Trátase dunha experiencia na que a banda combina o swing, o soul e o jazz, con temas actuais, sempre enfocados no baile. A formación componse dunha cantante, un percusionista, un contrabaixista e dúas guitarras.
Despois, coma sempre, jam session. Vide tocar, bailar, beber e desfrutar do Swinggggggg!
info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 26/01/2023)