Enterticket

CONEXIÓN ATLÁNTICA 1906

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
CONEXIÓN ATLÁNTICA 1906

Conexión Atlántica by 1906 é unha sección que propón a unión da arte coa gastronomía e a cervexa, para xerar unha experiencia única e para tódolos sentidos, e aproximar ao público a outros medios de investigación e experimentación plástica e sensorial. 

 

Retallos ao azar reflexiona sobre aquilo que non ten fin, sobre o traballo de despregar, de dar a ver, de palpar, de aparecer. Dar forma á realidade a través do

movemento e da pausa, do xogo e equilibrio entre o visible e o invisible, o oculto e o manifesto, a gravidade e o voo, nun espazo e tempo concretos. Poñendo de

relevancia o carácter subxectivo que conforma a nosa percepción da realidade e a necesidade de coñecer e conectar co espazo que habitamos dende o sensorial.

 

Esta performance intégrase nun proxecto da artista, máis amplo, comprendido como un laboratorio experimental e de investigación, que implica a colaboración con artistas procedentes de diferentes campos, explora a conexión entre danza, paisaxe e pintura, nesta peza en concreto coa cociña. Dando, unha especial relevancia ás analoxías entre os procesos de creación artística e os procesos de formación da paisaxe. A modo dun territorio, mapa que se vai configurando a través do azar, o sensorial e o circunstancial.

 

Retazos ao azar

Performance | 15-20’’

Paisaxe/experimentación sonora | 40-45’’

Artista: Iria Vázquez, en colaboración con Marcia Vázquez (Bailarina, performer e coreógrafa) e Marco Maril (artista e deseñador sonoro)

Chef: Iván Domínguez (Restaurante NaDo) 

 

Iria Vázquez

Artista multidisciplinar, mediadora cultural, docente e doutora en Belas Artes pola

Universidade de Vigo (2015).

Licenciada en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra (2006). En

2011, obtén unha beca de investigación da Universidade de Vigo, para a realización dunha estadía de investigación no Museo d’Orsay, no Museo do Louvre e distintos centros de arte de París (2012), para o desenrolo do traballo de campo e documental de súa tese doutoral.

Realiza e colabora en proxectos artísticos de carácter multidisciplinar que abarcan

tanto o ámbito expositivo como o audiovisual e escénico.


Iván Domínguez

Iván Domínguez (A Coruña, 1979) desenvolve unha cociña atlántica que defende o produto por enriba de todo, de reminiscencias nórdicas. Formado como cociñeiro na Escola de Hostelería da Armada, traballou en Casa Marcelo e Alborada de A Coruña, sendo director gastronómico para este proxecto, agora pechado, con estrela Michelin durante 4 anos, dirixindo tamén a cociña do restaurante Alabaster en Madrid, premio ao Mellor Restaurante do Ano da revista Club de Gourmets e Restaurante Revelación pola revista Metrópoli. Iván Domínguez é Premio Arco Atlántico 2015 ao Mellor Cociñeiro Galego.


En febreiro de 2019 abriu NaDo Coruña, o seu proxecto máis persoal, e agora abre NaDo Madrid en decembro de 2020.

Fundación Luis Seoane
26 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 20:40 h - Inicio 21:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS