CONEXIÓN ATLÁNTICA BY 1906

today Martes, 18 de octubre de 2022

today Martes, 18 de octubre de 2022
access_time Apertura: 20:40h Inicio: 21:00h Cierre: 22:30h
place Cine París - Rúa Real, 8, 15003 A Coruña, España

today CONEXIÓN ATLÁNTICA BY 1906

Maridaxe de arte audiovisual, gastronomía e cervexa.

O menú é único sen alternativas vexetarianas nin de alérxenos.


David Catá: proxección audiovisual e concerto. Adrián Felípez: menú degustación. (La Taberna de Miga)



A fraxilidade da memoria - David Catá

 “A fraxilidade da memoria” é un concerto autobiográfico no que música e imaxe dialogan a través de pezas musicais de autoría propia inspiradas no meu traballo plástico.

O relato vivencial da miña bisavoa materna, Perpetua, é o xerme do meu interese por temas como a memoria, o esquecemento, o tempo, o loito ou a perda como parte inevitable da vida, inspirando deste modo imaxes e melodías refuxio da memoria e da fraxilidade atemporal dos recordos.

A recuperación de historias familiares e a exteriorización de acontecementos e emocións persoais a través da arte e a música dan lugar a un traballo introspectivo e persoal pero ao mesmo tempo universal, conectando ao espectador coas súas emocións e recordos máis profundos.

Unha viaxe a través dos sentidos con banda sonora propia que nos conecta co noso eu máis emocional.

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 18/10/2022)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.