Enterticket

CONTEMPORÁNEA

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
CONTEMPORÁNEA

A sección Contemporánea presenta unha pequena mostra de pezas das artistas Narelle Jubelin, Lúa Gándara e Rodrigo Méndez propostas por tres das galerías que conforman a Asociación de Galerías de Arte Contemporáneo de Galicia: Nordés, Metro e Vilaseco. 


A selección de  CONTEMPORÁNEA invítanos á consciencia e á sua vez a realizar un exercicio de imaxinación. Proponnos situacións que nos invitan a ver máis alá do que vemos, do que parece que sabemos. Axúdannos a cuestionar a certeza, e a comprender mellor os nosos sistemas persoais de conformar o mundo. 

 

A través das obras de Lúa Gándara, Rodríguez-Méndez, Narelle Jubelin e Helen Grace, protagonistas desta sesión CONTEMPORÁNEA, vemos como a mirada na súa fragmentación expándese e máis que acotar amplía, porque a arte tende a axudarnos a ver mellor, con máis humor e máis capacidade crítica todo o simple e todo o complexo.

 

Galería Nordés

Narelle Jubelin 

A práctica baseada na investigación de Narelle Jubelin conduce a nosa atención, con grande exactitude, cara pequenos fragmentos de grandes historias. A súa obra evidencia as complexas interrelacións nas historias, distópicas e utópicas, do imperialismo e o modernismo. Jubelin amosa como nas cousas pequenas encóntranse ferramentas analíticas que nos facilitan unha comprensión máis profunda dos discursos dominantes. No caso do modernismo, a súa obra ocúpase do modo en que nos afectan o campo do deseño obxectual e da arquitectura, observados a través da lente das experiencias vividas e dende perspectivas individuais.


Helen Grace

Helen Grace traballa no oscilante espazo entre movemento e quietude. Preocúpase polo ritmo e os hábitos cotidiás como accións transformadoras e creativas. A súa fotografía documenta as intimidades dos momentos cotidiás e as ocupacións do espazo público de protesta e activismo; como unha pequena historia de accións políticas e performatividade. Soña con posibilidades democráticas transformadoras e radicais, futuros no presente, extraendo a longa historia estética de tales intentos. Grace está inmersa no arquivo, persoal e público, como unha fonte dinámica continua para o entusiasmo e a rexeración social e política.

The housing Question

Video HD | cor |  son | 29' | 2021 | estrea española

The Housing Question toma o seu título dos textos seminais de 1872 de Friedrich Engels que abordan a grave escaseza de vivendas na súa Alemaña natal. Despois de casi 150 anos, esta cuestión segue sendo urxente na actualidade. Cales son os dereitos humanos básicos a unha vivenda segura e asequible? Cales son os dereitos dunha á vivenda cando está desprazada, como o están centos de miles de persoas hoxe en día? Os temas analizados por The Housing Question seguen sendo centrais nos debates sociais e políticos contemporáneos.

 

Galería Metro

Lúa Gándara

Lúa Gándara (O Porriño, 1988) é unha artista multidisciplinar graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, cun posgraduado de Creación Sonora na Universidade de Barcelona e un mestrado de Profesorado en Educación Secundaria na especialidade de Artes e Debuxo.

A súa obra plástica foi seleccionada en diversos certames como a 15a mostra MAC, museo de Arte Contemporáneo Fundación Naturgy, o Prémio Artistas do Alto Minho e Galiza 2016 da Fundaçao Bienal de Cerveira, o VIII Premio para Novos Artistas Auditorio de Galicia ou a X Bienal Internacional Pintor Laxeiro, entre outros. Obtivo o Primeiro Premio “Novos talentos luso-galaicos” na “IX Bienal de Pintura Premio Eixo Atlántico” e o terceiro premio de poesía no certame Xuventude Crea 2014.

A súa pintura e a súa personaxe habitan entre a poesía e o performático, sempre con moito humor.


Ahora lo entiendo todo

Vídeo HD | cor | son | 10’49’' | 2021 | estrea mundial

Ahora lo entiendo todo é unha vídeovisita guiada da exposición Festa no Xardín con Caracois que tivo lugar na Galería Metro entre xuño e xullo de 2021.

Esta idea xorde como unha iniciativa para sacar a pintura da galería, para que ninguén se preocupe se non entende un cadro abstracto.

Arredor de cada peza xira unha historia, unha reflexión como unha prolongación do título, un xogo co espectador que agora xa está dentro do cadro.

 

Galería Vilaseco

Rodríguez-Méndez

Rodriguez-Méndez traballa en proxectos nos que implica diferenciadas linguaxes ao marxe da influencia do espazo expositivo e que analizan os principios materiais da propia escultura e da experiencia esencial e física do ser humano. Unha aproximación ao nexo entre acción e escultura e ao equilibrio de materias e influencia enerxética entre ambas.

O uso de cilindros, turba e aceite, o son, palabra e corpo interpretadas como formas e materiais inasibles, como xeometrías elementais e absolutas, cuestionan e alteran o proceso de construción e a decisión sobre o termo dunha obra.

Rodríguez-Méndez intervén sobre a incorporeidade do material e a condición aberta e latente das súas obras, nun xogo de perdas e restitucións que testemuñan a presenza definitiva e esencial de vida e cambio. 

Proposición. Permear II

Video HD | cor | son | 12' | 2013

Vídeo da acción levada a cabo por un xeómetra invitado á exposición Diálogos Improbables comisariada por Ángel Calvo Ulloa.

Na sala interior do espazo o xeómetra tendido non chan introduce na súa boca, unha a unha, sementes que morde e dana levemente para cuspilas despois. 

As sementes no chan amplifican o volume do corpo e á vez anulan progresivamente o espazo ao público onde se atopan as dimensións do xeómetra.

Fundación Luis Seoane
27 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 18:10 h - Inicio 18:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS