Enterticket

Culturgal 2020 | A illa das mentiras

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Culturgal 2020 | A illa das mentiras

A illa das mentiras. 2020. Directora: Paula Cons. Agallas Films. Coprodución España-Arxentina-Portugal. Intérpretes: Nerea Barros, Aitor Luna, Darío Grandinetti,Victoria Teijeiro, Ana Oca, María Costas, Milo Taboada, Celso Bugallo, Machi Salgado, Leire Berrocal,Javier Tolosa, Sergio Quintana, Miguel Borines, Roberto Leal, Ana Santos, Mela Casal. Duración: 93 minutos.

A noite do 1 de xaneiro de 1921, preto da illa de Sálvora, na Ría de Arousa, afundíase o vapor Santa Isabel, con 268 personas a bordo que ían a Bos Aires. Faleceron 213 delas no que, naquela época, chamouse o "Titanic galego".  Nese momento no había homes na illa porque celebraban o ano novo en terra firme. Foron tres mulleres as que salvaron a máis de 50 persoas botándose ao mar nunha pequena barca, desafiando as ondas de seis metros, a espesa néboa e as afiadas rochas, en total escuridade. Eran Cipriana Oujo Maneiro, Josefa Parada e María Fernández Oujo, de 24, 16 e 14 anos respeitivamente. Paula Cons recupera esta historia empaquetada nun thriller que foi seleccionado no Festival Internacional de Cine de Shanghai,  galardoado co Premio Xacobeo no OUFF e que participou na sección “Made in Spain” do último Festival  de Cine de San Sebastián.

Coloquio con Paula Cons.

Espazo Cinema. Salón de Actos do Pazo da Cultura
28 nov 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Espazo Cinema. Salón de Actos do Pazo da Cultura
DirecciónRúa Alexandre Bóveda, 36005 Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 18:45 h - Inicio 19:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS