Enterticket

Culturgal 2020 | Artes Escénicas: estado da cuestión. Centro Dramático Galego e Escena Galega

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Culturgal 2020 | Artes Escénicas: estado da cuestión. Centro Dramático Galego e Escena Galega

Escena Galega: actualidade. Presentación da nova web www.escenagalega.gal e resumo e balance da 2ª edición do proxecto Camiño Escena Norte, promovido por Escena Galega xunto con Asturias, Cantabria e Euskadi. Ademais, presentación da actualización do catálogo de compañías asociadas a Escena Galega e video promocional nas liñas #CulturaSegura e #AEscenaQueVen coas propostas escénicas estreadas durante o ano 2020 e un adianto das producións que se esperan estrear no primeiro semestre do 2021.

O Centro Dramático Galego fronte á covid-19. Agadic. A unidade de produción teatral da Xunta de Galicia mudou a súa planificación para asumir estratexias directas de dinamización do sector escénico e minimizar os efectos da pandemia sanitaria. A ampliación dos espectáculos de produción propia, a apertura do Salón Teatro a novos proxectos, a coprodución con outros espazos de creación ou a revisión da súa distribución inicial son algunhas das medidas xa adoptadas, que continuarán a desenvolverse en 2021. Con Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego (CDG) e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Espazo Foro. Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra
29 nov 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Espazo Foro. Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra
DirecciónRúa Alexandre Bóveda, 36005 Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 15:45 h - Inicio 16:00 h

OTROS EVENTOS