Enterticket

Culturgal 2020 | Pontevedra, cuna de Colón... coa súa cor! Xunta de Galicia

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Culturgal 2020 | Pontevedra, cuna de Colón... coa súa cor! Xunta de Galicia

Pontevedra, cuna de Colón... coa súa cor! Agadic. Duración: 40 minutos. Documental de 1927 que desenvolve a tese da orixe pontevedresa de Cristóbal Colón, defendida por varios historiadores citados na película. A peza tivo dúas versións, estreadas en 1927 e 1930 respectivamente, e cada unha delas serviu ao pontevedrés Enrique Barreiro, unha das figuras máis importantes do cine galego dos anos vinte e trinta xunto co seu irmán Ramón, como campo de probas nos seus experiementos para dotar de cor a imaxe cinematográfica. Concretamente, a versión de 1927 está realizada empregando un sistema de cor experimental de creación propia: o Cromacolor. O filme que se proxectará no marco de Culturgal é a versión polícroma restaurada por Filmoteca Española, na que se recuperan as cores orixinais deste traballo pioneiro, resultado sorprendente dunha minuciosa, longa e experta labor que culminou este mesmo ano.

Presentan: Jaime Pena, programador do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Espazo Cinema. Salón de Actos do Pazo da Cultura
29 nov 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
Espazo Cinema. Salón de Actos do Pazo da Cultura
DirecciónRúa Alexandre Bóveda, 36005 Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 10:45 h - Inicio 11:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS