Ramona Órbita. A dona do tempo. Pakolas. Colección Sonárbore
Editorial Galaxia. A xira do segundo libro disco de Pakolas (Paco
Cerdeira) en solitario chega a Culturgal con Ramona
Órbita e a súa máquina cargada de rock and roll, disposta a percorrer os tempos
para aprender a protexer a natureza. Especialmente dirixido a rapazada entre 3
e 5 anos.
Lingua guapa. Cantos que contan. Fina Casalderrey. Colección Sonárbore
Editorial Galaxia. Unha das autoras máis recoñecidas da nosa literatura,
fálanos dunha lingua moi longa con quilómetros de historia e que leva palabras
de azucre que aturuxan na memoria. A música que nos fai viaxar
polo mundo é de Nestor Blanco.