DESBORDAMIENTOS - DEBORAH S. PHILLIPS E JAMES EDMONDS: A NOITE BERLINESA

today Viernes, 4 de junio de 2021

today Viernes, 4 de junio de 2021
access_time 23:00h
place Fundación Luis Seoane - Rúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España

today DESBORDAMIENTOS - DEBORAH S. PHILLIPS E JAMES EDMONDS: A NOITE BERLINESA

Esta noite do venres dedicamos a nosa sección Desbordamientos a dous artistas que viven e traballan en Berlín: James Edmonds e Deborah S. Phillips. A primeira parte da noite estará dedicada aos traballos multiproxección de Edmonds. Unha serie de “presentacións expandidas” en dobre e tripe proxección en super 8 a velocidade variable das súas pezas. A segunda parte da noite estará tomada por Deborah S. Phillips, quen poñerá o son en directo ás súas pezas de diversas maneiras.

STERNWARTEN DER WELT | James Edmonds, Alemaña, 2011/2020, dobre proxección en super 8, 14 min.

Ideas e reflexións diversas sobre a vida nos seus puntos de unión. Símbolos, enganos, amores e desalentos, que xorden nunha onda de misterio. Unha viaxe, guiada por un recordo borroso, na procura dun lago artificial ás aforas da cidade. Rodada en película reversible antiga, as súas imaxes están ateigadas de tons verdes e azuis translúcidos, corrector branco e fortes sombras en índigo. Un reloxo de sol, un observatorio e outros dispositivos deseñados para coñecermos o sol e as estrelas convértense en símbolos nunha viaxe persoal, a carón dos animais e a natureza, marcando o camiño a seguir para continuar a documentar a luz.

FLEETING LANDSCAPE | James Edmonds, Alemaña, 2007/2016, tripla proxección en super 8, 3 min.

Unha paisaxe fílmica imaxinaria que emprega anacos do mundo real que parecen voar, polos rápidos e continuos movementos da cámara por varios lugares de paso. Certas estruturas convértense en marcas de identidade desta ficción –os patróns repetidos de torres e mastros parecen disolverse os uns nos noutros como nunha estraña omnipresenza.

WE ALL LIVE IN THE BLUE IMAGE FOREVER | James Edmonds, Alemaña, 2007/20018, dobre proxección en super 8, 6 min.

Un collage de medias verdades a medio esquecer que se vai construíndo ao longo do tempo con fragmentos sen usar de super 8 (case todos meus, pero ás veces doutros), completados con partes pintadas a man ou raiadas. A imposibilidade material da memoria.

Titulo tomado dunha liña de The Soft Machine de William Burroughs.

CHIN-CHIN | Deborah S. Phillips, Alemaña, 2013-2014, 16mm, 3 min.

En calquera lugar do mundo, á xente gústalle levantar os vasos e facelos chocar. Un tributo á universalidade do brinde, e unha peza que, polas súas características, non pode ser dixitalizada.

info Entradas no disponibles (el evento finalizó el 05/06/2021)
closeUtilizamos cookies propias y de terceros para ofrecerte un mejor servicio. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso. Puedes obtener más información en nuestra política de cookies.