Enterticket

Don Letts Dj Set + Soom T & The Stone Monks | Festival MARÉ 2023

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Don Letts Dj Set + Soom T & The Stone Monks | Festival MARÉ 2023
Coma parte do festival maré, que volve a Compostela do 20 ao 24 de setembro, Don Letts aterrará na cidade co seu DJ Set, unha sesión marcada polo reagge e o dub, coa oportunidade de gozar da MC escocesa Soom T & The Stone Monks que abrirá a Sala Capitol cunha actuación previa.

Don Letts é unha lenda indiscutible do mundo do cine e da música, toda unha autoridade no mundo do punk, e, máis tarde, do reagge. Letts, que foi amigo persoal de Bob Marley, foi unha figura chave á hora de introducir ao grupo The Clash na exploración dos sons xamaicanos, e crear así un factor diferenciador no punk británico.

Os días de Don como DJ comezaron accidentalmente cando lle pediron que tocara no Roxy Club (o primeiro local de punk rock en directo do Reino Unido) en 1977. Nese momento non había discos punk británicos para pinchar, xa que aínda non se fixera ningún aínda. Así que Don tocou o que lle gustaba: un reggae serio. Con sorte para el, aos punks gustoulles, e esta mestura deu lugar á "festa punky-reggae".

Como concerto previo, acompañarálle a partir das 21.00 a MC escocesa Soom T & The Stone Monks. Escocesa de orixe indio, comezou a militar politicamente e decidiu que quería que se escoitara a súa voz. Aúna características do hip-hop, do reagge e do dancehall, con letras de denuncia social e coa súa pasión pola poesía.

É unha das novas voces sobresaíntes da cultura do ‘ragga’, un subxénero do dancehall e do reggae de instrumental electrónica. Estreará un novo álbum, ‘Good’, onde canta á liberdade e á versatilidade sobre ritmos reggae, dancehall ou, incluso, jazz.

Ambos artistas comparten as raíces no reggae e no dub e presentarán os seus novos traballos no Festival MARÉ.


Agardamos por vós o vindeiro venres 22 de setembro na Sala Capitol.

Consulta a normativa sobre o acceso dos menores aquí


Facebook: @cantosnamare
Instagram: @mare_compostela


Playlist Spotify
Canle de Youtube

Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal

Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.
Sala Capitol
22 sept 2023
ProvinciaA Coruña
Recinto
Sala Capitol
DirecciónRúa de Concepción Arenal, 5, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 20:30 h - Inicio 21:00 h

OTROS EVENTOS