Sendo Intersección un punto de encontro onde se atopan profesionais e contidos procedentes de diversos países, a presenza de Portugal mantense dende a primeira edición e terá continuidade na edición 2021 a través do Encontro de profesionais das artes Galicia – Norte de Portugal.
A colaboración entre GNP-AECT e INTERSECCIÓN busca facilitar e fomentar a cooperación territorial entre Galicia e Portugal, contribuíndo a construír un tecido produtivo común, creando vínculos entre ambas comunidades, fomentando e valorizando as respectivas industrias culturais e o coñecemento mutuo.