Enterticket

ESCOLAS

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
ESCOLAS

ESCOLAS é unha sección competitiva na que se realizan convocatorias abertas destinadas a estudantes maiores de idade. É un espazo para visibilizar e incentivar o talento emerxente que se desenvolve e nutre nas interseccións das artes. Para esta edición ESCOLAS organízase en colaboración coa Galería de Arte Solaina. 


O devir do tempo pasou por un incremento poboacional das cidades. As urbes convértense no centro neurálxico da sociedade, dun futuro de “progreso”, cara onde emigrar, cara onde mirar... Mais mudan as miradas. A chegada da globalización fainos tornar a ollada cara a unha vida anterior, desprezada: a vida nas aldeas.


Cidade vs Rural. Unha dicotomía que agora se nos presenta e sobre a que queremos cavilar. Pode o rural ser futuro? É o rural unha boa opción? Que é o rural?


Xatería deriva de "xata", cría das vacas, son as que realmente habitan o rural galego, reavívano. Se nós, como especie humana, queremos retornar a esa vida, debemos de facelo como elas. Somos vacas, somos xatas e, como tales, debemos formarnos na Xatería. Así, este termo imaxinado xorde como grande metáfora do termo "escola". A Xatería é ese espazo onde medrar, onde mostrarnos, onde voltar. A Xatería é onde as xatas poden amosar a súa metamorfose cara as grandes artistas vacunas que todas son.


A través desta exposición reunimos a artistas e pezas que mostran diferentes perspectivas do rural. Achegas que veñen dende o sentimental, o íntimo, a crítica ou enxalzamento; que amosan o vínculo ou a falta deste; que fan reflexionar arredor del; que falan de calquera aspecto que poida englobar o termo rural. Unha exposición colectiva que a través de diferentes disciplinas conecta as visións de artistas de todo o mundo, máis de 15 artistas. Así, Adrián Salgueira, Ana Sánchez, Antón Zaera, Cinema Semente, Cristina Chiarroni e Rokekes, Daniel Emmanuel Iglesias, Daniel Selas, Elvira Martos, Inma Veiga, Laura MS, Lil Chachi, Nora Galván, Santiago Barandiaran, Seares e Telarete son a escolma de artistas que compoñen esta Xatería.


Fundación Luis Seoane
29 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 16:10 h - Inicio 16:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS