A artista e investigadora Esperanza Collado, que xa nos visitara en 2014 coa súa performance We Only Guarantee the Dinosaurs, é unha voz fundamental dentro do panorama do cinema expandido mundial contemporáneo, tanto no eido teórico coma no práctico. Kicked with the front foot on the dark side of the deck é o seu último traballo performativo.
Este proxecto comezouse a xestar coa súa presentación inicial en Ojorimaconmáquina (Valentina Alvarado e Carlos Vasquez) en La Escocesa, Barcelona, decembro 2020), e continuou a desenvolverse na Facultade de Belas Artes de Cuenca en xaneiro e febreiro de 2021. (Esperanza Collado)
Participan: Marta Feiner, Tzuhan Hung, Toni Serrano, Paula Guerrero, Javi Montero, Bruno Delgado Ramo, Esperanza Collado e skaters da Coruña.
Duración: variable e indeterminada.
Película de 16mm, película intervida, teas, cartóns, luces, prismas e cristais, skateboards, madeira, spray e outros obxectos variables.