Enterticket

OPORTO. Festa presentación SonRías Baixas 2020.

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
OPORTO. Festa presentación SonRías Baixas 2020.

O Festival SonRías Baixas -que celebrará a súa 18ª edición os 30, 31 de xullo e 1 de agosto en Bueu- espállase esta primavera por toda a xeografía galega, celebrando festas de presentación ao longo do mes de marzo en A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Ourense, Lugo, Bueu e Mos, ademais de en Ponferrada e en Porto.

As festas, que tomarán na primavera as salas de concertos das principais cidades galegas, achegarán a outras cidades e vilas algunhas das propostas artísticas que xa son himnos do festival, como aos Dakidarría -que son unha das bandas que máis veces pisou os escenarios do SonRías e que sempre tivo unha resposta espectacular por parte do público- presentando a súa proposta en acústico e Muyayo Rif, que foi a gran sorpresa da pasada edición; ou unha das propostas de world musicmáis interesantes do país, García Mc & Nación Quilombo, que estará en agosto no festival e Ninhodelosrecaos Dj, un dos líderes de La Pegatina que cada ano ofrece en Bueu a súa versión máis desenfadada e bailable coas súas míticas sesións. Tamén pasarán polas festas do SonRías Baixas SonDaRúa, claro exemplo dunha formación nacida nas redes sociais que desenvolveu un directo de gran calidade e contundencia e que presentarán un avance do seu novo traballo, que verá a luz en abril, e os Poetarras, o colectivo músico humorístico que reaparecerán -unha vez máis- ao calor do festival de Bueu, pero esta volta en Compostela.

AS FESTAS DO SONRÍAS:

Xoves 5/3/2020 - García Mc & Nación Quilombo + SonDaRúa Maus Hábitos (Porto)
Xoves 12/3/2020 - SonDaRúa  + Ninhodelosrecaos DjSala Máster (Vigo)
Venres 13/3/2020 - Ninhodelosrecaos Dj + García Mc & Dj Mil  - Café Cultural Auriense  (Ourense)
Sábado 14/03/2020 - SonDaRúa + García Mc & Nación Quilombo + ninhodelosrecaos DjSala Aturuxo (Bueu)
Mércores 18/3/2020 - Dakidarría en acústico + Muyayo RifClub Clavicembalo (Lugo)
Xoves 18/3/2020 - Muyayo Rif + Dakidarría en acústicoSala Garufa (A Coruña)
Venres 20/3/2020 - Dakidarría en acústico + Muyayo Rif Sala Rebullón (Mos)
Sábado 21/03/2020 - Muyayo Rif + PoetarrasSala Capitol (Santiago de Compostela)
Sábado 21/03/2020 - Dakidarría en acústico + SonDaRúa Sala La Vaca (Ponferrada)


Maus Hábitos
05 mar 2020
Recinto
Maus Hábitos
DirecciónR. de Passos Manuel 178, 4º Piso, 4000-382 Porto, Portugal
Horario
HorarioApertura 21:30 h - Inicio 22:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS