Enterticket

Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2023

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Festival Sinsal SON Estrella Galicia 2023

Unha viaxe en barco, unha illa... e un festival cun cartel secreto que só coñeceras ao desembarcar cada día. E todas as xornadas son diferentes!

O festival Sinsal SON Estrella Galicia 2023 celebrarase os días 21, 22 e 23 de xullo na illa de San Simón (Redondela). Serán tres xornadas de directos cunha programación aberta a todos os estilos e experiencias, desde os sons populares até a música experimental, pasando por outras iniciativas sonoras. Máis de vinte bandas e solistas de África, Asia, América e Europa presentarán por vez primeira en Galicia ou en España as súas creacións. Quen son? Sube ao barco en Vigo ou Meirande (xunto ao Centro de Interpretación de Rande) para descubrilo!

Neste 2023 Sinsal contará con tres escenarios diferentes e unha morea de actividades divulgativas  -como paseos, parladoiros ou talleres- para que, alén da música, poidas coñecer de primeira man o patrimonio natural, histórico e cultural do arquipélago conformado polas illas de San Simón e Santo Antón.

venres 5, a partir das 12:00 horas, poderanse adquirir os abonos de tres días. Poderás seleccionar o embarcadoiro desde o que desexes viaxar a San Simón: como é habitual, estarán situados no porto de Vigo e Meirande . 

Xa o luns 8 de maio a sairán á venda as entradas por día de Sinsal SON Estrella Galicia. Se optas por esta modalidade de entradas, que inclúen tamén o traslado á illa desde Meirande ou Vigo, poderás adquirilas a partir das 12.00 horas a través desta mesma páxina.

Lembra que tanto os prezos tanto dos abonos coma das entradas varían en función da idade do público (maior ou menor de 16 anos) e do porto de saída (se decides partir desde Vigo gozarás dunha viaxe máis longa en barco e unha estancia de maior tempo na illa).

Se tes dúbidas, podes visitar a nosa páxina de FAQs

Cal é o prezo dos abonos?

  • Se viaxas desde o embarcadoiro de Vigo, o prezo do abono para persoas adultas é de 155 euros (máis gastos de xestión) ede 60 euros no caso das e dos menores
  • Se viaxas desde Meirande, o prezo para adultas é de 145 euros (+ggxx) e de 50 euros no caso das e dos menores. 

Cal é o prezo as entradas?

  • Se asistes o venres 21 desde Vigo, o prezo será de 50 euros (+ggxx), mentres que desde Meirande serán 45 (+ggxx). No caso de menores, serán 15 euros (tanto desde un porto coma do outro). 
  • Se asistes o sábado 22 desde Vigo, o prezo será de 65 euros (+ggxx), mentres que desde Meirande serán 60 euros (+ggxx). No caso de menores, serán 20 euros (tanto desde un porto coma do outro)
  • Se asistes  o domingo 23 desde Vigo, o prezo será de 60 euros (+ggxx), mentres que desde Meirande será 55 euros (+ggxx). No caso de menores, serán 18 euros (tanto desde un porto coma do outro). 
Isla de San Simón
21 jul - 23 jul 2023
ProvinciaPontevedra
Recinto
Isla de San Simón
DirecciónIlla de San Simón, Pontevedra, España
Organiza
Público

OTROS EVENTOS