Enterticket

Festa presentación Vibra Balboa na Coruña

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Festa presentación Vibra Balboa na Coruña

Vibra A CORUÑA!

A noite do 16 de maio celebraremos as #LetrasGalegas cunha festa presentación do Vibra na sala Garufa Club!
Coa frescura da proposta de "De Ninghures" viaxaremos pola música tradicional e as músicas do mundo. Dende Ortigueira veñen Covagueira coa súa potente proposta folk e para elevar a enerxía ata o máis alto, e bailaremos e cantaremos nunha foliada da man de Os do Xalo e Pandeireperras!


De Ninghures:

De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquedanzas de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb. Sete mozas e mozos que se xuntan para ensinar o seu xeito de manter con vida a música tradicional nos tempos da globalización e que proveñen de tres comarcas galegas (Bergantiños, Terras de Compostela e A Fonsagrada), conformando este grupo que anima ao baile e crea un ambiente de foliada fresca e frenética.
Presentación do seu disco en Santiago Compostela 2022: https://www.youtube.com/watch?v=4pVCX4BRUm4

Covagueira:

Covagueira é un grupo folk galego que xorde no 2015 no seo da Escola de Gaitas de Ortigueira que, tras máis de media vida tocando xuntos por toda a xeografía estatal e parte do estranxeiro, foron evolucionando pero mantendo sempre a esencia que o caracteriza dende os seus inicios: a paixón pola música folk. Dende entón, Covagueira presenta unha posta en escena que non deixa indiferente a ninguén. Cando se apagan as luces e as melodías adquiren todo o protagonismo, o público responde deixándose levar pola música.
Covagueira no Festival de Ortigueira (2022): https://www.youtube.com/watch?v=L6G0YsSdDtI&t=3341s

Os do Xalo / Pandeireperras:

Dúas das agrupacións de música tradicional míticas da Coruña e a súa comarca, formadas por músicas e músicos amantes da música e do baile tradicional que teñen participado en canta foliada, serán, e festa improvisada hai arredor do país.


Garufa Club
16 may - 17 may 2023
ProvinciaA Coruña
Recinto
Garufa Club
DirecciónRúa Riazor, 5, 15004 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 22:00 h - Inicio 22:30 h
Organiza
PúblicoFestival Vibra Balboa

OTROS EVENTOS