today Fisterra Blues Experience 2020
Do 11 ao 13 de setembro celébrase a cuarta edición do Fisterra Blues Experience, consolidado dentro da oferta de festivais galegos. Neste contexto excepcional de crise sanitaria, o FiBE convértese na ocasión perfecta para achegar ao público experiencias únicas e recreadoras, investigando as posibilidades que ofrecen o territorio e a natureza de Fisterra dende unha ollada sostible e comunitaria, cumprindo sempre con tódalas medidas precisas para garantir a saúde de todas.
Agora máis que nunca precisamos do benestar e da búsqueda dunha renovación que nos libere, que nos faga presente a fraternidade, os vínculos coa comunidade, a terra e o mar. Experiencias transformativas, interxeracionais, xeradoras de sentido e curativas antes de que o outono chegue.
Para calquera dúbida sobre o evento ou as entradas: entradasfisterrablues@gmail.com