Enterticket

HAMACA

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
HAMACA

Hamaca presenta en INTERSECCIÓN da man da súa directora Eli Lloveras unha selección de obras creadas entre 1984 e 2020 por autoras españolas. Os títulos que conforman este programa son 127 bofetadas, Cuerpos #1 Santa Águeda e Los jóvenes del barrio. Na presente edición de INTERSECCIÓN, Hamaca presenta un programa heteroxéneo, no que se intercalan violencia, fantasía, plasticidade, historia, e visión crítica do social. 

 

Eli Lloveras

Eli Lloveras é licenciada en Belas Artes. Membro da produtora cultural YProductions, coa cal desenvolveu varios proxectos vencellados á produción, xestión, investigación e formación no ámbito da cultura. Foi unha das iniciadoras da distribuidora HAMACA en 2005 e dende 2009 é a súa directora. Durante estes anos ten impulsado proxectos como o Ciclo de Vídeo a la Gran Pantalla, onde introducía a videoarte en salas de cinema, ou a primeira antoloxía de vídeo no contexto español: Apología/Antología. Ten sido convidada como poñente en seminarios ao redor da distribución da videoarte en institucións como o MNCARS, o MACBA, a Sorbonne de París ou Arsenal de Berlín.

 

Jana Leo

154 bofetadas

Vídeo | son | cor | 2020

Esta peza pode ser un exemplo da sensación ferinte cando nunha relación

a inseguridade da outra persoa, transfórmase nunha agresión cara quen está segura dos seus sentimentos; tamén se sente así un cando torna, de novo, a pesar de todo, a velo, aínda que a parella, outra vez, ningunéao, ben por falta de tacto, por falta de consideración ou por excesiva confianza en que o amor pódeo todo.

Esta peza pode ser usada para expresar a sensación de frustración que mina o día a día cós trámites interminables cada vez máis inmersos na vida. E a desesperación extrema cando se está loitando con papeleos cuxos requisitos burocráticos excesivos reventan a paciencia e rozan o absurdo.

Hai unha forma máis letal que a burocracia na que se distorsiona a relación entre o individuo e o estado: a neglixencia, a falta de cuidado. Este video feito no día 16 de Xaneiro do 2020 coincidindo co ano novo chino e o primeiro brote de CORONAVIRUS en Wuhan, China, podería servir como unha ilustración do que cada un dos políticos debería facerse a sí mesmo despois da súa renuncia, tras a maneira pésima na que moitos manexaron a pandemia.

Un individuo (ou institución) que destrúe as fibras internas doutro individuo con suma facilidade, parece dicirlle que a maneira natural de reaccionar é asumir, sen máis, o que está sucedendo. Este vídeo trata de relatar a crueldade inherente neste proceso.

 

Mirari Echávarri López

Cuerpos #1 Santa Águeda

Vídeo HD | son | cor | 11’ 43’’ | 2017

Cuerpos #1 Santa Águeda parte do encontro da autora cun cadro renacentista pertencente á colección permanente do Museo de Navarra. O retablo representa o martirio de Santa Águeda, unha moza devota de Catania que aceptou morrer pola fe cristiana. 

Neste ensaio audiovisual, o tacto aparece primeiro en forma de visualidade háptica, unha imaxe táctil que convirte a pintura en carne ou pel; o cadro en corpo. Esta aproximación rompe coa distancia convencional de contemplación estética, diluíndo os límites entre suxeito que observa e obxecto observado, e posibilitando un contaxio mutuo. 

A película combina teoría crítica e experiencia vivida nun ensaio heterodoxo atravesado pola subxectividade da propia autora, o corpo, os afectos, o folklore e o feminismo. 


Video-Nou

Video-Nou foi un colectivo creado a partir das Jornadas de Vídeo organizadas polo CAIC (Buenos Aires), que tiveron lugar a principios de 1977 na Fundación Joan Miró de Barcelona. Os membros do colectivo, integrado en parte por ex-alumnos do curso CIPLA do Instituto do Teatro de Barcelona, procedían dos ámbitos do periodismo, a socioloxía, a ensinanza, a fotografía, a arquitectura, a arte e o deseño –máis tarde sumáronse outros procedentes do urbanismo, a antipsiquiatría e as artes escénicas–. Exploramos os diversos campos de aplicación do vídeo: social, artístico, documental, educativo e profesional. A actividade de Video-Nou foise centrando na práctica da comunicación horizontal, bidireccional e participativa, no ámbito do que entón se coñecía como «animación sociocultural»: no noso caso, producindo vídeos elaborados coa participación directa dos propios interesados que se difunden inmediatamente no seu contexto específico e que denominaban «intervención vídeo».

Colectivo Video-Nou: Carles Ameller, Genis Cano, Albert Estival, Xefo Guasch, Marga Latorre, Pau Maragall, Luisa Ortínez, Lluïsa Roca, Joan Úbeda. Servei de Vídeo Comunitari: Francesc Albiol, Carles Ameller, Esteban Escobar, Albert Estival, Núria Font, Marga Latorre, Pau Maragall, Maite Martínez, Lluïsa Roca, Josep Ma. Rocamora, Joan Úbeda.

Los jóvenes de barrio

Vídeo | son | cor | 39’ | 1983

Documental sobre a vida da xuventude do barrio de Canyelles de Barcelona.

As rapazas falan da escola, o traballo e o paro, do ocio, as drogas e a delincuencia. Tamén falan da relación entre mozos e mozas, da aprendizaxe do catalán, a música, o vídeo e o cárcere. Despois dunha breve introdución ao vídeo as rapazas, motivadas pola novidade do medio, entrevistan ás súas amizades.

Tamén dan a súa opinión catro nais con diferentes situacións familiares.

Fundación Luis Seoane
31 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 19:10 h - Inicio 19:30 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS