Enterticket

Galeatro con “Carabela”

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Galeatro con “Carabela”

Galeatro presenta o sábado, 24 de outubro, ás 18.30 h, no Teatro Municipal de Tui “Carabela”. É unha proposta teatral para público familiar escrito por Paula Carballeira, dirixida por Davide González, que  forma parte do elenco xunto a Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez.

Carabela é a historia da cociñeira dun barco que naufraga na Illa Pequena de Plástico. Alí constrúe unha nena de plástica para sair da soidade na que se atopa rodeada de peixes mutantes, de paxaros choromicas e de verteduras que non alimentan. O corazón da nena de plástica comeza a latexar para coñecer que hai máis alo, e para axudar a Carabela a saír da illa.

 

·         Autora: Paula Carballeira

·         Dirección: Davide González

·         Elenco: Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez

·         Espazo escénico: Galeatro

·         Espazo sonoro: Davide González

·         Deseño iluminación: Nacho Martín

·         Deseño imaxe: Andrea Ures

·         Vestiario e marionetas: Diego Valeiras


Recomendada a partir de 4 anos.

Duración: 55 minutos.

Entradas: 4€ e 3€.

Venda de entradas dende o luns 19 de outubro



Debido a entrada do Concello de Tui en situación de alerta vermella por COVID 19, o aforo dos espectáculos no Teatro Municipal limitarase a 60 espectadores.  (10% da súa capacidade).

TEATRO MUNICIPAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI
24 oct 2020
ProvinciaPontevedra
Recinto
TEATRO MUNICIPAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI
DirecciónR. Colón, 2, 36700 Tui, Pontevedra, España
Horario
HorarioApertura 18:15 h - Inicio 18:30 h

OTROS EVENTOS