Enterticket

GASPET

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
GASPET

Entradas para o espectáculo “GASPET - MARCELO KATZ” na Sala Ártika de Vigo.

Data: Venres 30 de setembro, sábado 01 e domingo 02 de outubro de 2022

Hora:

Venres 30 de outubro ás 20:00h

Sábado 01 de outubro ás 20:00h

Domingo 02 de outubro ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10€ + gastos de xestión

En taquilla: Entrada Xeral: 14€

Idades recomendada: + 16 anos

Duración: 60 min

Entradas para o espectáculo “GASPET - MARCELO KATZ” o Venres 30 de setembro, Sábado 01 ou Domingo 02 de outubro na Sala Ártika.

SINOPSE:

Un espectáculo que combina o teatro de máscaras, o clown e a manipulación de obxectos. Un único actor en escena interpreta a unha variedade de personaxes para abordar o mundo dun construtor de máscaras, introducirnos no seu oficio e dar vida ás súas creacións.

O protagonista introdúcenos na vida dun vello artesán, construtor de máscaras. O público chega ao seu taller, e alí penetrará no fascinante e misterioso mundo das máscaras. Gaspet, o artesán, transmite ao público algúns dos segredos que lle chegaron a través das catro xeracións da súa familia que o precederon nese oficio. Gaspet talla, modela, pinta, retoca e lixa. Reflexiona sobre esas vidas e personalidades que crea coas súas mans.

Os temas que transita Gaspet, son a paixón, a paciencia, a obsesión e a sorpresa. A disxuntiva entre manter intacto o legado que lle chega desde os seus devanceiros, ou xerar cambios que sente necesarios pero que atentan contra a tradición familiar.

As entradas para o espectáculo “GASPET - MARCELO KATZ” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14€ ou 10€ + gastos de xestión.

Sala Ártika
30 sept - 02 oct 2022
ProvinciaPontevedra
Recinto
Sala Ártika
DirecciónAv. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España
Organiza
Público

OTROS EVENTOS