DESBORDAMIENTOS - HELENA GIRON E SAMUEL DELGADO + BRUNO DELGADO RAMO
ENTRADAS
INFORMACIÓN
HELENA GIRÓN E SAMUEL DELGADO
EJERCICIOS DE ESCUCHA - 2
¿Por que os sons non poden ser visibles?
¿Non causaría a retroalimentación do oído ao ollo unha oscilación fatal?
Pauline Oliveiros
Helena Girón e Samuel Delgado, a quen lles dedicamos este ano o noso foco Sinais, tráennos unha performance ligada con fíos telúricos ao traballo fílmico que presentamos, no que as illas Canarias xogan un papel crucial. Girón e Delgado crean nestes Ejercicios de escucha un ambiente inmersivo que describen así:
“A través do oído e da visión, invocaremos un percorrido psicoxeofísico pola illa de Tenerife, traballando con sensores de luz, o campo electromagnético dos proxectores, e gravacións sonoras en fita magnética, nun ritual que nos guíe cara ás profundidades do soño ou do pesadelo”.
BRUNO DELGADO RAMO
SPIN THE WHEEL / I LIKE TO HEAR IT SPIN
JOGNNY GUITAR E LAS SYNERGYS
Nesta ocasión Las Synergys, Bruno Delgado Ramo, Paula Guerrero e Esperanza Collado ofrecen unha presentación expandida da película clásica Johnny Guitar (Nicholas Ray, 1954), que amosan unha versión reducida en formato super 8. Partindo dalgúns desenvolvementos do afín Gabinete kino~okno, esta actuacións de Las Synergys é un prototipo de investigación sobre a experiencia cinemática e musical en directo. Na película, Johnny é un virtuoso pistoleiro que deixa as armas para tocar a guitarra, coa que pretende continuar a defenderse. Nas súas actuacións, Las Synergys deféndense das conexións funcionais entremúsica, imaxe e corpo, intercambiando as súas lóxicas e as súas ferramentas.
OTROS EVENTOS
En este momento no hay otros eventos relacionados. Visita nuestra página de inicio para buscar más eventos.
Ir a Inicio