Lá No Xepangara | Festival MARÉ 2024
ENTRADAS
INFORMACIÓN
COMPARTE ESTE EVENTO
Lá No Xepangara | Festival MARÉ 2024
O festival maré, que terá lugar en Compostela entre o 25 e o 29 de setembro, pechará a súa V edición o domingo 29 de setembro no Teatro Principal cun show especial preparado para a ocasión.
LÁ NO XEPANGARA é unha homenaxe lusófona ao cantor e poeta José Afonso. Conmemorando os 50 anos do 25 de Abril de 1974 e coa direción artística de Manuel de Oliveira, o proxecto pretende reflectir a forte presenza da cultura africana na vida e obra de José Afonso e o seu papel na loita pola descolonización, democratización e desenvolvemento da sociedade e cultura lusófonas.
O espetáculo conta con Selma Uamusse (Moçambique), Isabel Novela (Moçambique), Edu Mundo (Portugal) , Fred Martins (Brasil), Manuel de Oliveira (Portugal) na guitarra, Dilson Pedro (Angola) na percussão, João Frade (Portugal) no acordeão e Albano Fonseca (Portugal) no baixo.
Coincidindo co 20 aniversario de Cantos na Maré, será un concerto de clausura especial no que reflectir a nosa vontade de xerar conexións culturais, que contará coa participación de diversas artistas galegas coma Uxía, A Pedreira, Faia Díaz e Carlos Blanco.
Agardamos por vós o vindeiro domingo 29 de setembro no Teatro Principal para comezar esta viaxe!
Páxina web: mare.gal
Facebook: @mare.compostela
Instagram: @mare_compostela
Playlist Spotify
Canle de Youtube
Calquera dúbida ou cuestión en relacións coas entradas podedes poñervos en contacto con nós a través do mail mare@mare.gal
Festival adherido ao Programa Carné Xove. Desconto do 10% para beneficiarios/as.
CÓDIGO PROMOCIONAL: CULTURAXOVE
Deberá presentarse o carné obrigatoriamente o propio día do concerto no control de accesos.
Teatro Principal
29 sept 2024
A Coruña
Recinto
Teatro Principal
Rúa Nova, 21, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña, España
Horario
Apertura 19:00 h - Inicio 19:30 h (GMT+2)