Enterticket

MESA PROXECTA

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
MESA PROXECTA

Estratexias para a organización de eventos culturais durante a COVID-19

Nesta mesa sectorial organizada en colaboración con Proxecta – Coordinadora Galega de Festivais de Cinema, as tres participantes Lur Olaizola (programadora en Tabakalera), Majid Seddati (director do Festival d'Art Vidéo de Casablanca) e Aida Vallejo (investigadora na UPV) falarán sobre estratexias para a organización de eventos culturais durante a COVID-19. 

Lur Olaizola

Lur Olaizola Lizarralde, é programadora de cine e cineasta. Desde 2015, é a coordinadora do programa audiovisual de Tabakalera, Centro Internacional de Cultura Contemporánea de San Sebastián onde comisariou, entre outros, o Foco Desde el principio. Historias do cine feminista, con programas en Tabakalera e Artium. En 2017 comisariou a primeira retrospectiva de José Val del Omar en Nova York (Distant Touch: José Val del Omar, Anthology Film Archives) e, xunto con Ruth Somalo, o seminario The Limit of Our Gaze: Women Filmmakers and Contemporary Documentary (New York University, 2015). Tamén foi a programadora da 5.ª edición de Screen Loud Film Festival (Anthology Film Archives, 2015).

Antes de incorporarse ao equipo de Tabakalera, traballou como xestora cultural en Nova York. En 2013 e 2014 coordinou o Architecture & Design Film Festival Nuova York, Los Angeles). Como cineasta dirixiu dúas curtametraxes, Xulia (2019) e Zerua blu (2020, Gran Premio Mellor Curtametraxe española Zinebi 2020). Actualmente está desenvolvendo o seu terceiro proxecto cinematográfico: Hirugarren koadernoa. Dende 2020 é mestra de Elías Querejeta Zine Eskola. 

Majid Seddati

Majid Seddati é Director do Festival Internacional de Artes Visuais e Novos Medios de Casablanca - FIAV (Marrocos). É tamén director do Festival International des Arts Numériques (Casablanca), fundador de Irisson (Centre des Arts Visuels et nouveaux Médias de Casablanca) e do Festival International du Film de l’Etudiant (FIFE). Así mesmo, é conselleiro artístico do ciclo de formación e produción “Interactions" iniciado polo banco Attijariwafa. O FIAV acolle obras de diversas disciplinas: vídeo, artes escénicas, música electrónica, danza, creación sonora e os novos medios. Organizado desde Irisson (Centro de arte visual, electrónica e multimedia), o festival aspira a consolidarse como espazo de produción, promoción e difusión da creación contemporánea, creando sinerxias entre os artistas marroquís e os seus homólogos internacionais.

Aida Vallejo

Aida Vallejo é profesora de teoría e práctica de cine documental na Universidade do País Vasco (UPV/EHU). É especialista en cine documental de creación e festivais cinematográficos, áreas na que traballou como crítica, guionista, consultora, investigadora e docente. Membro de comisións de selección de documentais (para o foro Lau Haizetara do Zinemaldia e o Festival Cine Invisible de Bilbao, ou a deputación de Bizkaia) e xurado de varios festivais internacionais. Co-editora dos libros Documentary Film Festivals Vol.1 e Vol.2 e Film Festivals and Anthropology e de numerosos artículos científicos sobre cine documental, festivais de cine, etnografía/antropoloxía dos medios e narratoloxía).

Investigadora principal do proxecto ikerFESTS (sobre festivais en Euskal Herria) e fundadora e coordinadora do Documentary Work-group da European Network for Cinema and Media Studies (NECS). É tamén profesora e investigadora visitante de universidades europeas como St Andrews University e University of Glasgow (Escocia), FAMU (Praga) e Masaryk University (República Checa), CEU (Budapest) ou Aristotle University (Tesalónica, Grecia). Finalmente, é a coordinadora dos premios universitarios da Academia do cine Europeo en España. European University Film Award.

Fundación Luis Seoane
29 oct 2021
ProvinciaA Coruña
Recinto
Fundación Luis Seoane
DirecciónRúa San Francisco, 27, 15001 A Coruña, España
Horario
HorarioApertura 12:40 h - Inicio 13:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS