Enterticket

MODULARTEC. 3º encontro de síntese modular da Coruña | TELÉMACO - BIYI AMEZ

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
MODULARTEC. 3º encontro de síntese modular da Coruña | TELÉMACO - BIYI AMEZ

TELÉMACO[ESP]

Dr. Think e Mike Rolling, é dicir, Álvaro Pardo e Miguel Rulos, falan sobre a vida nun proxecto chamado Telémaco, no que combinan «a música impetuosa de Beethoven coas bandas sonoras anodinas dos aeroportos, as enérxicas conversacións sobre a paixón coa cadencia relaxada dun saxo». Eles miran a vida como fusión e confusión e ofrécennos ese mapa sonoro acomodando melodías nadas de instrumentos tradicionais sobre cómodos colchóns de bases electrónicas. A vida visítanos na música de Telémaco en forma de televisores, teléfonos, mensaxes de voz gravados ou batedoras, todo iso dominado pola improvisación.  

BIYI AMEZ [ESP]

Músico mallorquino polifacético, posuidor dun auténtico arsenal de criaturas sónicas. Biyi publicou o seu primeiro traballo a finais dos 90 e trátase da triloxía titulada La máquina del Tiempo nun estilo que a grandes liñas poderiamos cualificar de hip-hop instrumental, breaks ou headz music moi en boga nesa época. Actualmente está considerado un dos poucos especialistas na interpretación do theremin en España e realizará nunha actuación con este instrumento e os seus sintetizadores modulares. O theremin pertence á familia dos instrumentos electrófonos, o son créase mediante circuítos eléctricos e xera e amplifica o son de forma totalmente eléctrica sen a utilización de ningún mecanismo. Forma parte do subgrupo dos instrumentos radio-eléctricos. Precisamente este ano cúmprese un século desde a súa creación polo compositor e físico ruso Léon Theremin.  

Aquarium Finisterrae. Sala Maremagnum
02 oct 2020
ProvinciaLa Coruña
Recinto
Aquarium Finisterrae. Sala Maremagnum
DirecciónPaseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez, 34, 15002 La Coruña, España
Horario
HorarioInicio 20:00 h
Organiza
Público

OTROS EVENTOS