Enterticket

MOFA E BEFA: PIROLÍTICOS

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
MOFA E BEFA: PIROLÍTICOS

Entradas para o espectáculo “MOFA E BEFA: PIROLÍTICOS - PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo.

Data: venres 10, sábado 11 e domingo 12 de marzo de 2023

Hora:

venres 10 de marzo ás 20:00h

sábado 11 de marzo ás 20:00h

domingo 12 de marzo ás 20:00h

Recinto: Sala Ártika

Prezo:

Venta online: Entrada Anticipada: 10 € + gastos de xestión (dispoñible ata 24h antes da primeira función)

En taquilla: Entrada Xeral: 14 €

Idades recomendada: + 13 anos

Duración: 90 min

Entradas para o espectáculo “MOFA E BEFA: PIROLÍTICOS - PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” o venres 10, sábado 11 e domingo 12 de marzo na Sala Ártika.

SINOPSE:

Con motivo do seu 30 aniversario, Mofa & Befa emprenden o seu proceso creativo máis arriscado e experimental, coa incorporación de tres mulleres na dirección e no texto, pero mantendo a estrutura, o estilo, e as intencións "didácticas" que sempre caracterizaron a este dúo. Pirolíticos é esencialmente unha guía para orientar o público sobre as novas masculinidades de sempre e conseguir (no caso dos homes) unha correcta pirólisis en 10 pasos sinxelos.

Do mesmo xeito que os fornos modernos, é necesario conseguir un estado "sen carga total" para poder comprender e asumir os novos conceptos que o Feminismo achegou nas últimas décadas.

Cunha estrutura en sketches, como é habitual en Mofa & Befa e, por suposto, con música (nesta ocasión, cun marcado estilo perrallas rock) Pirolíticos escenifica situacións ben reconocibles polo público, co fin de conseguir unha mellor comprensión da "Guía Rápida para unha Correcta Pirólisis".

Mofa & Befa saen do armario con lentes violeta e non quedan nada mal.

As entradas para o espectáculo “MOFA E BEFA: PIROLÍTICOS - PRODUCIÓNS EXCENTRICAS” na Sala Ártika de Vigo teñen un prezo de 14 € ou 10 € + gastos de xestión.


 

Sala Ártika
10 mar - 12 mar 2023
ProvinciaPontevedra
Recinto
Sala Ártika
DirecciónAv. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra, España

OTROS EVENTOS