Enterticket

Morrasound Rock Fest 2021 | VENRES: Punk Infantil

Event Header

ENTRADAS

Información

Entradas no disponibles. El evento ha finalizado.

INFORMACIÓN

Event Card
Morrasound Rock Fest 2021 | VENRES: Punk Infantil

MORRASOUND ROCK FEST celebra a súa V edición os días 2 e 3 de xullo de 2021 coa intención de asentar a nosa marca de identidad fusionando a música ROCK coas artes escénicas e circenses.

O Morrasound Rock Fest reinvéntase ante a COVID-19 cun novo formato adaptado. Esta reinvención, consistente na limitación de horarios, redución de aforo e na aplicación dun novo protocolo que respecte ao máximo as medidas de control e precaución, ten como fin garantir a seguridade de todos os asistentes e promover a cultura segura.

Mantéñense as datas previstas, 2 e 3 de xullo. A xornada inaugural comezará a tarde do venres 2 de xullo en Samertolameu (Meira, Moaña), cunha actuación infantil gratuita do mítico pallaso do Morrasound, Peter Punk, e o seu compañeiro Brais das Hortas. Pola noite o público adulto poderá desfrutar de dous concertos dos grupos galegos Enxeito e Zålomon Grass cun custo de cinco euros.

O día seguinte, sábado 3, realizarase no lugar habitual do evento, o Mirador da Fontenla (Domaio, Moaña), co grupo madrileño Los EnemigosImmaculate Fools e BALA, ademais das portuguesas Anarchicks e The Broke. Os espectáculos Hell Brothers de Circompakto Circo de Lume de Asacocirco completarán o cartel deste día. Á súa vez, ofertaranse obradoiros e actividades para os máis pequenos. A entrada para o sábado terá un prezo de 22 euros. Poderase mercar un abono para ambos días por 25 euros.

Os abonos e entradas sairán á venda o luns 31 ás 11:11 horas a través da páxina web do Morrasound e na plataforma Enterticket.

Ante a situación sociosanitaria, o público desfrutará dos concertos en cadeiras pre-asignadas, respectando as distancias de seguridade. No caso do Mirador da Fontenla, o espazo estará dividido en parcelas, de ata seis cadeiras por cada unha, ata completar un aforo de 900 persoas. Ademais, non estará permitida a acampada, como o resto de anos.



Parque de Samertolameu. Meira. (Concerto Punk Infantil_gratuito con reserva)
02 jul 2021
ProvinciaPontevedra
Recinto
Parque de Samertolameu. Meira. (Concerto Punk Infantil_gratuito con reserva)
DirecciónCalle Barreiros, 39, bajo, 36955 Meira, Pontevedra, España
Organiza
Público

OTROS EVENTOS